miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

5.500 sanitarios son chamadas para vacinarse contra a gripe

5.500 sanitarios son chamadas para vacinarse contra a gripe
5.500 sanitarios son chamadas para vacinarse contra a gripe

A campaña para o persoal comezou unha semana antes que a o dos usuarios, que arranca o luns 22

A campaña de vacinación contra a gripe que pon en marcha a Consellería de Sanidade comezou esta semana para os traballadores da sanidade pública. En concreto comezaron a administrar as doses da vacina o luns 15 de outubro. 

Por primeira vez este ano ofértaselle aos profesionais do Sergas a posibilidade de poñerse a vacina uns días antes do arranque da campaña dos usuarios, que comeza o luns 22. Na Xerencia de Xestión Integrada de Santiago son máis de 5.500 os traballadores e traballadoras chamadas a vacinarse.

Deste xeito, poden afrontar o inicio da campaña de vacinación xa protexidos fronte a esta enfermidade, evitando o risco de transmisión da gripe aos seus pacientes. Ademais, nunha aposta pola importancia que nesta campaña ten a vacinación dos sanitarios, distribuiranse entre o persoal vacinado unhas chapas co lema "Eu vacineime. E ti?" que identifica aos profesionais comprometidos coa vacinación.

Dende hai días que na xerencia de Santiago traballan para concienciar ao profesionais da importancia da vacinación. Dende o servizo de Medicina Preventiva e Saúde Pública da Xerencia de Santiago esperan continuar mellorando a cobertura vacinal do ano pasado aínda que “non será fácil pois xa o 2017 vacináronse un 10% máis que o 2016, pero seguimos traballando para obter mellores resultados”, afirma Teresa Queiro xefa do servizo.

O ano pasado vacináronse na EOXI de Santiago case o 44 % do persoal médico e de enfermaría, un 42% de cobertura entre o persoal sanitario hospitalario e un 47% de cobertura no persoal sanitario de atención primaria. Só no hospital Clínico, no 2017 vacináronse máis de 1500 profesionais, destacando a vacinación do 53% dos médicos.

O obxectivo da campaña é evitar casos de gripe, diminuír o número, pero tamén a gravidade das complicacións derivadas da gripe e os riscos de hospitalización e morte relacionada coa gripe. No persoal sanitario engádese un obxectivo máis, evitar que podan transmitir a gripe a persoas con alto risco de presentar complicacións.

Comentarios
Lo más