miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Mofa e Befa chegan hoxe a Bertamiráns cunha función cómica

Mofa e Befa chegan hoxe a Bertamiráns cunha función cómica
Mofa e Befa chegan hoxe a Bertamiráns cunha función cómica

O dúo cómico Mofa e Befa, interpretados por Josito Porto e Víctor Mosqueira, chega hoxe 19 de outubro á Casa da Cultura de Bertamiráns coa peza Cranios privilexiados ou crítica da razón perralleira

O dúo cómico Mofa e Befa, interpretados por Josito Porto e Víctor Mosqueira, chega hoxe 19 de outubro á Casa da Cultura de Bertamiráns coa peza Cranios privilexiados ou crítica da razón perralleira. Ao longo da función, na que o público desempeñará un importante papel, ironizarase sobre a filosofía ao tempo que se buscará aclarar de que vai iso de pensar. 

Os coñecidos actores Josito Porto e Víctor Mosqueira fan unha parada en Ames coas súas personaxes Mofa e Befa hoxe venres, 19 de outubro, ás 21:00 horas, para presentarnos a comedia Cranios privilexiados ou crítica da razón perralleira. Ao longo de noventa minutos, ambas personaxes veranse obrigados a plantexarse a filosofía escénica que levan practicando dende o seu inicio: o “perralleirismo”, baseado no principio de que todo problema ten solución e, en caso de non tela, invéntase.

A peza, que parte dunha merenda coa que Mofa e Befa esperan superar as súas dúbidas existenciais, converterase nunha tentativa desesperada por esclarecer en que consiste iso de pensar. Ao longo desta espiral de dúbidas, a parella cómica sufrirá unha serie de alucinacións e visitas de filósofos, seres mitolóxicos, antigas personaxes do propio repertorio e outras presencias enigmáticas que tentarán axudalos a aprender a pensar.

Así, esta obra na que se ironiza sobre a filosofía e que outorga un peso importante ao papel do público na función, tratará de responder á pregunta: ¿de que vai iso de pensar?


Comentarios
Lo más