miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Milladoiro acollerá a batalla musical do grupo Píscore no seu "Concerto singular"

Milladoiro acollerá a batalla musical do grupo Píscore no seu "Concerto singular"
Milladoiro acollerá a batalla musical do grupo Píscore no seu "Concerto singular"

Este Concerto singular, no que se mesturan comedia xestual e música en directo, terá lugar na Casa da Cultura do Milladoiro ás 18:00 horas

Hoxe venres, 19 de outubro, o grupo Píscore poñerá ao público na tesitura de decidir cal dos seus catro compoñentes é capaz de tocar a marimba de xeito máis orixinal e abraiante. Este Concerto singular, no que se mesturan comedia xestual e música en directo, terá lugar na Casa da Cultura do Milladoiro ás 18.00 horas. 

Concerto singular xira en torno ao conflito que se desata cando catro prestixiosos músicos se atopan con 16 baquetas pero unha soa marimba para levar a cabo a súa actuación. Deste xeito, Píscore embarcarase nunha batalla musical na que cada un dos compoñentes tentará demostrarlle ao público que el é o que merece conducir ese concerto.

Ao longo deste sketch musical mesturaranse sons e interpretacións musicais virtuosas co máis clásico da comedia xestual, co obxectivo de que o público de todas as idades goce e se divirta con esta peza. Unha obra que acadou o premio do público Festiclown 2018, e se converteu no espectáculo mellor valorado do abono Domingos Principal 2018.


Comentarios
Lo más