Oroso celebra o II Encontro Internacional no Camiño Inglés
Oroso conta co único centro do mundo dedicado ao estudo deste sendeiro medieval: o CEICI, Centro de Estudos e Investigación do Camiño Inglés
O Concello de Oroso celebra hoxe venres, día 19 de outubro, o II Encontro Internacional no Camiño Inglés, este ano dedicado á figura do mítico peregrino húngaro János Zádori.
Aos actos asistirá a embaixadora de Hungría en España, Enikö Györi. O sacerdote húngaro János Zádori realizou o Camiño Inglés e pasou por Sigüeiro hai exactamente 150 anos.
O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso Miramontes, e o de Pontedeume, Bernardo Fernandez, asistirán ao congreso, no que haberá diferentes ponencias, actuacións musicais e a inauguración dun placa adicada a Zádori. A clausura correrá a cargo do concelleiro de Turismo de Oroso, Antonio Leira.
Oroso conta co único centro do mundo dedicado ao estudo deste sendeiro medieval: o CEICI, Centro de Estudos e Investigación do Camiño Inglés.