miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Os socialistas queren sentarse coa Xunta, concellos e colectivos para o traslado de Ence fora da ría

Os socialistas queren sentarse coa Xunta, concellos e colectivos para o traslado de Ence fora da ría
Os socialistas queren sentarse coa Xunta, concellos e colectivos para o traslado de Ence fora da ría

Patricia Vilán apunta ao rexeitamento social da factoría, que “sacou á rúa a 20.000 persoas contra a prórroga de 60 anos asinada por Rajoy”

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, presentou unha serie de iniciativas parlamentarias para instar ao goberno galego a participar nunha mesa de diálogo xunto coa Administración do Estado, o Concello de Pontevedra e colectivos afectados para estudar o traslado de Ence fora da ría.

A responsable socialista lembra o amplo rexeitamento social contra a factoría, que cristalizou nunha ampla manifestación “na que participaron 20.000 persoas en Pontevedra cando o goberno de Rajoy –en funcións e por delegación a unha directora xeral- lle concedía a Ence unha prórroga por 60 anos máis, sen que o goberno galego dixera unha soa palabra”.

Vilán reclama unha solución que atenda tanto ás necesidades sociais e medioambientais como ao mantemento dos postos de traballo da planta, que ocupa unha ampla superficie na marxe esquerda da ría de Pontevedra dende 1959.

Puntualiza que “a súa situación non é a máis axeitada, e tanto é así que ata o propio presidente da Xunta se subiu a ese carro un día de Pleno” cando hai 3 lexislaturas o Parlamento acordou unha transacción para situar á factoría fora da ría de Pontevedra.

Comentarios
Lo más