Xornada intermedia entre o anticiclón e as baixas presións
08:03 18/10/18
08:03 18/10/18
En Compostela a temperatura mínima acadará os 12º e a máxima será de 19º
O xoves Galicia permanece nunha situación intermedia entre o anticiclón dos Azores e as baixas presións, que se localizarán ao sur peninsular, achegando circulación do nordés.
Así, os ceos estarán parcialmente cubertos, con máis claros no sur e posibilidade de de chuvascos no terzo norte.
As temperaturas terán un lixeiro ascenso. En Compostela a temperatura mínima acadará os 12º e a máxima será de 19º.
O vento soprará moderado de compoñente norte, con intervalos fortes no litoral atlántico.