miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ordes inicia as obras de humanización do cemiterio municipal do Piñeiro

Ordes inicia as obras de humanización do cemiterio municipal do Piñeiro
Ordes inicia as obras de humanización do cemiterio municipal do Piñeiro

O orzamento da obra ascende a preto de 61.500 euros

O Concello de Ordes está a realizar as obras de humanización no cemiterio municipal do Piñeiro. O orzamento xeral para esta obra ascende a preto de 61.500 euros, cantidade que será aboada con parte do remanente de 2017.

Trátase dunha serie de actuacións encamiñadas a mellorar o seu contorno, entre as que se contempla a pavimentación con formigón de 1.020 metros cadrados de superficie, ademais da colocación de enlousado de granito moreno desescuadrado e un bordo de formigón prefabricado. Previamente realizarase o debido acondicionamento, nivelación e rasanteo da área.

O proxecto inclúe a instalación do sistema de recollida de pluviais a través dunha canalización de 255 metros mediante tubaxe de PVC. Colocaranse máis de 15 arquetas e construiranse dous pozos con sumidoiros previamente á escavación da gabia e do posterior recheo compactado desta. Ademais tamén se instalará unha nova porta de aceiro inoxidable e un escudo municipal realizado en pedra.

A estimación é que esta primeira fase (60% do total da obra) estea finalizada para o vindeiro 1 de novembro, data na que se celebra a homenaxe ao soldado Lois no mesmo cemiterio. O remate final de toda a intervención prevese para finais de novembro.

Comentarios
Lo más