miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Deputación licita por 325.595 euros as obras da variante de Cacheiras, en Teo

A Deputación licita por 325.595 euros as obras da variante de Cacheiras, en Teo
A Deputación licita por 325.595 euros as obras da variante de Cacheiras, en Teo

Supón a activación dun proxecto que contribuirá a mellorar a seguridade da DP 8202 no punto onde se ubica a igrexa e unha escola infantil 

A Deputación da Coruña vén de publicar na Plataforma de Contratación do Estado o anuncio de licitación das obras de ampliación da plataforma e mellora do trazo da estrada provincial DP 8202, que conecta os núcleos de Galanas e Cacheiras, no termo municipal de Teo.

As obras suporán un investimento de máis de 434.000 euros, dos que 325.595 se destinan á execución dos traballos e 138.543,94 € foron destinados ás expropiacións necesarias para levalos a cabo.

Segundo explicou o presidente da institución provincial, Valentín González Formoso, a licitación destas obras, cun orzamento de 325.595 euros, supón “a activación dun proxecto moi demandado e esperado polos veciños da zona”, que permitirá mellorar o tramo da estrada comprendido entre o punto quilométrico 3+500 e a intersección coa estrada AC-841 en Cacheiras (PK 4+420), “ampliando o ancho da estrada de 5 a 9 metros, dotándoa de beiravías para mellorar a seguridade peonil e construíndo unha nova variante que evitará o paso continuo de vehículos pola travesía do Lugar da Igrexa”.

Neste tramo a estrada actual é moi estreita e conta cun trazado de curvas perigoso, que pasa moi preto das vivendas, da Igrexa e da escola infantil, polo que non é posible ampliar o ancho do vial. Este foi o motivo polo que o departamento de Vías e Obras da Deputación potou pola construción dunha variante que suporá unha importante mellora de seguridade para os veciños da zona.

Ademáis da ampliación da estrada, as obras incluirán a pavimentación, dotación de sistema de drenaxe e recollida de pluviais cun cunetas revestidas de formigón, a colocación de biondas de seguridade nas zonas de terraplén e o reforzo da sinalización horizontal e vertical.

As empresas interesadas en participar na licitación poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro 12 de novembro. Prevese que, unha vez adxudicadas, as obras podan comezar durante o primeiro trimestre de 2019.

Comentarios
Lo más