miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Anxo Lorenzo participa na presentación do catálogo ‘Camiñantes’, unha escolma de fotografías de peregrinos

A mostra, inaugurada en xuño deste ano, pode contemplarse no Museo das Peregrinacións e de Santiago ata o vindeiro 31 deste mes.

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, participou onte na presentación do catálogo da exposición Camiñantes, de Tino Martínez, que conta co apoio da Consellería de Cultura e Turismo e reúne 40 fotografías inéditas de peregrinos, 18 en color e 22 en branco e negro.

O autor recolle nelas a súa visión sobre o Camiño de Santiago e sobre os camiñantes que o percorren. De feito, varias das imaxes van acompañadas dunha reflexión manuscrita dos propios protagonistas na que resumen a súa experiencia ao realizar a Ruta Xacobea. 

Neste sentido, Anxo Lorenzo puxo en valor este traballo, ao tratarse dun retrato vivo e transparente do Camiño e as súas xentes. Así mesmo, lembrou que este 2018 é o Ano Europeo do Patrimonio Cultural, polo que é necesario seguir promovendo iniciativas que, coma esta, axuden a promover unha concienciación social sobre a relevancia, tanto cultural como turística, do patrimonio galego. 

A mostra, inaugurada en xuño deste ano, pode contemplarse no Museo das Peregrinacións e de Santiago ata o vindeiro 31 deste mes. 

Comentarios
Lo más