miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Santiago Futsal comprometido co medio ambiente

O Santiago Futsal comprometido co medio ambiente
O Santiago Futsal comprometido co medio ambiente

O Santiago Futsal realizará diversas accións de compromiso e conciención coa reciclaxe, entre as que descata a vestimenta coas cores características azul, amarelo e verde

Onte tivo lugar a presentación dos equipamentos oficiais do Santiago Futsal para a presente temporada deportiva 18/19. O club e a concellería de Medio Ambiente e Convivencia de Santiago de Compostela anunciaron a renovación de acordo de colaboración entre ambas as partes, por segundo ano consecutivo, polo que o Santiago Futsal realizará diversas accións de compromiso e conciención coa reciclaxe, entre as que descata a vestimenta coas cores características azul, amarelo e verde.

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro explicou en rolda de prensa que “temos que facer un esforzo de concienciación entre o conxunto da poboación e equipos como o Santiago Futsal axudan a difundir a mensaxe, sobre todo entre a poboación máis nova, que é máis proclive ao necesario cambio de hábitos”.

Miguel Fernández, director xeral do Santiago Futsal, foi o encargado de anunciar as accións que desde o club se realizán para o fomento da reciclaxe “Queremos que a poboación reciba os ' ínputs' necesarios para vencellar a imaxe do Santiago Futsal coa reciclaxe. Algunhas das accións que realizaremos, ademais de vestir coas cores básicas da reciclaxe azul-papel, verde- vidro e amarelo-plástico; levaremos a cabo campañas nas escolas, xogos nos descansos dos partidos, contenerizaremos o pavillón municipal de Santa Isabel e realizaremos concursos para nenos en datas sinalas, etc. Tamén destaca a iniciativa que, desde a semana pasada, levamos a cabo con Tropa Verde pola que se poden conseguir invitacións para os partidos do Santiago Futsal”.

Ademais de fomentar a reciclaxe, o club e o concello comparten o compromiso coa mobilidad sustentable, por iso o Santiago Futsal promocionará o acceso a Santa Isabel os días de partido en bicicleta, monopatín ou andando, organizando “O Camiño do Futsal”.

Anteriormente á rolda de prensa, tivo lugar unha sesión fotográfica cos xogadores do primeiro equipo do Santiago Futsal: os porteiros Iago Barro e Álex Pérez e os xogadores Brian Niebla e Ezequiel Montero ' Zequi' para amosar os novos equipamentos do equipo.

Comentarios
Lo más