miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O CHUS organizou actividades formativas e informativas sobre a masaxe cardíaca

O CHUS organizou actividades formativas e informativas sobre a masaxe cardíaca
O CHUS organizou actividades formativas e informativas sobre a masaxe cardíaca

Máis de 30.000 persoas morren cada ano en España por un paro cardíaco súbito. Moitas poderían salvarse se calquera persoa que se atopara ao seu redor soubera iniciar a masaxe cardíaca de emerxencia mentres se espera ao servizo sanitario

Profesionais da UCI da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago organizaron ao longo da mañá de onte actividades formativas e informativas sobre a importancia da masaxe cardíaca. Así veñen a sumarse á celebración do Día Europeo de Concienciación ante o Paro Cardíaco.

Máis de 30.000 persoas morren cada ano en España por un paro cardíaco súbito. Moitas poderían salvarse se calquera persoa que se atopara ao seu redor soubera iniciar a masaxe cardíaca de emerxencia mentres se espera aos servizos sanitarios. Existen estimacións que indican que se poderían salvar máis de 100.000 vidas cada ano en toda Europa.

A campaña Todos os cidadáns do mundo poden salvar unha vida é unha iniciativa da European Resuscitation Council á que se unen a Sociedade Española e Galega de Medicina Intensiva Crítica e Unidades Coronarias (SEMICYUC e SOGAMIUC).

Médicos intensivistas da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago instalaron, ao longo da mañá de onte, dúas mesas informativas con talleres para a cidadanía no Hospital Clínico Universitario e no Hospital Médico Cirúrxico de Conxo. 

Todos os interesados puideron aprender, sobre bonecos simuladores, técnicas de resucitación cardiopulmonar (RCP) unha técnica que axuda a salvar vidas. Formar á poboación en reanimación cardiopulmonar é unha recomendación da Comisión Europea e unha necesidade social.

Comentarios
Lo más