miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Chega a Teo da man da actriz Iria Pinheiro o espectáculo "Anatomía dunha serea"

Chega a Teo da man da actriz Iria Pinheiro o espectáculo "Anatomía dunha serea"
Chega a Teo da man da actriz Iria Pinheiro o espectáculo "Anatomía dunha serea"

Está baseada nunha historia de vida da propia actriz e desenvolvida na Berberecheira, o laboratorio de creación escénica de Chévere

A actriz Iria Pinheiro presenta este xoves 18 en Teo o seu novo traballo, que baixo o nome de Anatomía dunha serea aborda o tema da violencia obstétrica. Producida por Chévere e dirixida por Xron, a obra está baseada nunha historia de vida da propia actriz, para a que o nacemento do seu fillo no 2016 acabou converténdose nunha experiencia traumática.

Anatomía dunha serea, que poderá verse no Auditorio Constante Liste de Teo os días 18, 19, 25 e 26 de outubro, nace da necesidade de contar unha historia íntima, de transformar un acontecemento único e ao mesmo tempo común a moitas mulleres nun acto escénico compartido. Un relato aparentemente unipersoal e illado que de pronto ten eco noutras persoas en todo o mundo e se converte nunha historia global contada nunha voz soa.

Anatomía dunha serea é un proxecto de teatro documental e autobiográfico que fala das condicións nas que se dá a vida na sociedade actual, de como concibimos a maternidade nun mundo dominado pola lóxica do beneficio económico, de como asumimos a violencia contra as mulleres dentro dun hospital ou dunha sala de partos. Fala de violencia de xénero en lugares insospeitados. Da falta de respecto pola intimidade nas contornas sanitarias e de certos tabús que persisten na sociedade hoxe e aquí.

Comentarios
Lo más