miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

"Voces rotas" volve con "Yo, Daniel Blake"

"Voces rotas" volve con "Yo, Daniel Blake"
"Voces rotas" volve con "Yo, Daniel Blake"

Todas as películas que conforman este ciclo profundan e dan visibilidade a diferentes problemáticas, como o racismo, as guerras e o paro

Afundación, a Obra Social de ABANCA, continúa co ciclo de cinema Voces rotas na súa sede de Santiago de Compostela (rúa do Vilar, 19) coa proxección, hoxe martes 16 de outubro, a partir das 20:00 horas, do filme Yo, Daniel Blake. A entrada é libre e gratuíta ata completar a capacidade.

Todas as películas que conforman este ciclo profundan e dan visibilidade a diferentes problemáticas, como o racismo, as guerras e o paro, e temas que afectan á sociedade na actualidade, como a inmigración, a relixión e a adopción.

Yo, Daniel Blake (2016), de Ken Loach, relata a historia de Daniel Blake, un carpinteiro inglés con problemas cardíacos que por primeira vez na súa vida vese na obriga de deixar de traballar. Pero a administración sanciónao se non busca un emprego. Durante a súa procura coñece a Katie, unha muller solteira con dous fillos. Xuntos tentarán axudarse mutuamente.

Este ciclo cinematográfico continuará na Sede Afundación de Santiago de Compostela o vindeiro martes 23 de outubro con Mustang; e finalizará o 30 de outubro con Verano 1993. 

Comentarios
Lo más