miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Concentración dos traballadores do PAC fronte á sede do SERGAS

Concentración dos traballadores do PAC fronte á sede do SERGAS
Concentración dos traballadores do PAC fronte á sede do SERGAS

A protesta terá lugar ás 11 horas no complexo administrativo de San Lázaro, en Santiago de Compostela

Os sindicatos con representación na mesa sectorial da sanidade convocan unha concentración para hoxe martes, día 16 de outubro, co gallo da primeira xornada de folga dos puntos de atención continuada (PAC). A protesta terá lugar ás 11 horas diante da sede do Sergas, no complexo administrativo de San Lázaro.

Denuncian servizos mínimos abusivos

Os sindicatos que convocan a folga, CCOO, UGT, CIG, CSI-F, SATSE e CEMS-O'mega, reiteran a súa denuncia duns servizos mínimos que xulgan abusivos: o Sergas fixounos no 100 %, cifra que considera a mínima imprescindible para atender as urxencias.

Para as organizacións sindicais, se é necesaria a participación de todo o persoal dispoñible para atender dun xeito mínimo imprescindible as urxencias, «é que as nosas queixas están fundamentadas». Isto é, cómpre refozar os PAC con máis persoal.

Folga

A folga nos PAC terá lugar os días 16, 19, 23, 26 e 30 de outubro, así como os días 2, 6 e 9 de novembro, entre as 15 horas do día de inicio e as 8 do día seguinte. Tamén, folga de 24 horas, a partir das 8 da mañá, os días 21 e 28 de outubro e 4 e 11 de novembro.

Comentarios
Lo más