miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Excarcerada unha persoa nunha saída de vía en Tui

Excarcerada unha persoa nunha saída de vía en Tui
Foto de archivo
Excarcerada unha persoa nunha saída de vía en Tui

Sucedeu na A-55, na saída Tui Norte, en sentido Portugal

En Tui, unha persoa tivo que ser excarcerada polos Bombeiros do Porriño tras saírse da vía o turismo no que viaxaba. Ademais, debido ao accidente, se viron afectados un poste do alumeado público e outro da liña telefónica.

O 112 Galicia tivo constancia do sinistro uns minutos despois das 16:15 horas, a través da alerta dunha persoa particular. 

Acto seguido, os xestores do 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros do Porriño , da Policía Local e das empresas subministradoras de electricidade e conexión telefónica.

Comentarios
Lo más