Ferida unha persoa nunha colisión entre dous turismos en Ares
O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia do accidente, ás 11:15 horas desta mañá
En Ares, tamén dous coches colidían á altura do cemiterio, concretamente en Lubre, e unha persoa tamén resultaba ferida. Ademais, o ferido e único ocupante do vehículo tivo que ser tamén excarcerado polos Bombeiros de Ferrol, tras quedar atrapado no interior dun dos vehículos.
O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia do accidente, ás 11:15 horas desta mañá, grazas a unha persoa particular que chamou para pedir axuda. Indicaba que había unha persoa no interior dun dos turismos que non podía saír.
Así, con estes datos, os xestores do 112 pasaron aviso ao 061-Urxencias Sanitarias e aos Bombeiros, que decontado se desprazaron ata o lugar. De igual xeito, tamén solicitaron a colaboración dos axentes da Policía Local e dos efectivos de Protección Civil, que confirmaron o traslado do ferido polos servizos sanitarios, tras ser liberado polos Bombeiros.