Ferida unha persoa nun choque frontal na estrada que une Ribeira e Aguiño
16:17 15/10/18
16:17 15/10/18
O 112 Galicia informou do suceso, tras recibir o aviso dun alertante, sobre as 12:30 horas de hoxe
En Ribeira, un choque frontal entre dous vehículos que circulaban á altura do lugar da Mámoa, na estrada que enlaza Ribeira e Aguiño, deixou esta mañá unha persoa ferida e atrapada nun dos turismos.
Ata o lugar, desprazáronse nada mais ser alertados polo 112 Galicia, os Bombeiros de Ribeira que tras confirmar a excarceración do ferido, indicaron que ía ser evacuado polos servizos sanitarios.
Así mesmo, o 112 Galicia informou do suceso, tras recibir o aviso dun alertante, sobre as 12:30 horas de hoxe, ao 061-Urxencias Sanitarias, axentes de Tráfico, da Policía Local e aos membros do Grupo de Emerxencias Municipal.