Borrasca pouco profunda na mañá compostelá
08:03 15/10/18
08:03 15/10/18
En Compostela a temperatura mínima acadará os 11º e a máxima 21º
O luns Galicia quedará na influencia dunha borrasca pouco profunda situada ao oeste da Comunidade.
Así, durante a mañá os ceos estarán cubertos con chuvias máis probables no sur e oeste. A partir do mediodía abriranse claros polo norte mentres que os ceos permanecerán moi anubrados no sur.
As temperaturas ascenderán lixeiramente. En Compostela a temperatura mínima acadará os 11º e a máxima 21º.
O vento comezará o día de compoñente sur e quedará frouxo de dirección variable á noite.