miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Denuncian ao Complexo de Miramontes na Fiscalía de Medio Ambiente

Denuncian ao Complexo de Miramontes na Fiscalía de Medio Ambiente
Denuncian ao Complexo de Miramontes na Fiscalía de Medio Ambiente

A Plataforma elaborou dous informes, un referido á planta de elaboración de tecnosolos e outro relativo ao vertedoiro, que entregaron ao Ministerio Fiscal para que valore se considera oportuno iniciar investigacións por un posible delito medioambiental

A Plataforma de Afectados Polo Vertedoiro de Santiago de Compostela – Miramontes presentou, a finais da semana pasada, unha denuncia na Fiscalía de Medio Ambiente polas irregularidades na xestión dos residuos que se está a facer na canteira de Miramontes. 

A partir de toda a información dispoñible, a Plataforma elaborou dous informes, un referido á planta de elaboración de tecnosolos e outro relativo ao vertedoiro, que entregaron ao Ministerio Fiscal para que valore se considera oportuno iniciar investigacións por un posible delito medioambiental.

Por outra banda, membros da Plataforma e unha representante de Ferusa, tamén se reuniron co subdirector xeral de Programas de Control de Riscos Ambientais para a Saúde, da Consellería de Sanidade, co fin de manifestar a preocupación da Plataforma polos posibles problemas para a saúde de traballadores e veciños que pode ocasionar (na actualidade e no futuro) a xestión dos residuos que se fai no Complexo Ambiental.

O risco para a saúde pode vir por varias vías: os vertidos e escorregas procedentes da planta de elaboración de tecnosolos están poñendo en perigo a calidade das augas e dos solos e, por outra banda, a emisión de gases do vertedoiro, cuxa intensidade está aumentando co paso do tempo a xulgar polos continuos e insoportables cheiros, tamén inflúe na calidade do aire que respira a poboación máis próxima ao Complexo.

O subdirector entendeu a preocupación dos veciños e comprometeuse a estudar o caso, comezando por solicitar información a todos os organismos implicados: Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Augas de Galicia, Concello de Santiago…

Seguindo coa axenda prevista, este mesmo martes hai concertada unha reunión co alcalde Martiño Noriega e o concelleiro Xan Duro, na que se tratarán as novidades respecto á problemática de Miramontes e se debaterán os seguintes pasos a dar.

Comentarios
Lo más