miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Os centros escolares de Compostela profundizarán na figura da García Lorca

Os centros escolares de Compostela profundizarán na figura da García Lorca
Os centros escolares de Compostela profundizarán na figura da García Lorca

Con esta publicación búscase que os centros escolares da cidade (profesorado e alumnado) teñan material para profundizar na figura de García Lorca

O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presentou a semana pasada unha nova unidade didáctica elaborada polo Concello co gallo do 25 de outubro, día no que Federico García Lorca chegou a Compostela. Na rolda estivo acompañado polo autor dos textos da unidade e editor, Henrique Alvarellos.

Con esta publicación búscase que os centros escolares da cidade (profesorado e alumnado) teñan material para profundizar na figura de García Lorca, que sendo estudante descubriu Galicia con 18 anos. Lorca e o seu grupo chegaron á estación de Cornes procedentes de Redondela o 25 de outubro de 1916, onde escoitaran por primeira vez o cantar popular en galego "Campanas de Bastavales", que inspiraría con posterioridade a Rosalía de Castro. 

Esa viaxe, segundo explicou Henrique Alvarellos, "fixo que comezara unha historia de amor co noso país, que culminou 20 anos despois coa publicación de "Seis poemas galegos", o único libro que escribiu nunha lingua que non era a súa propia".

Na unidade didáctica tamén se recollen fragmentos dos distintos poemas que Lorca lle dedicou a Galicia en xeral e a Compostela, en particular como "Santiago, balada ingenua" ou "Salutación elegíaca a Rosalía de Castro", poeta galega que serviu de inspiración para Lorca.

Fillo adoptivo

Aínda que é andaluz de nacemento, a vinculación de Federico García Lorca coa cidade de Compostela fíxolle merecedor do recoñecemento como fillo adoptivo. Así o acordou o Pleno da corporación no pasado mes de xullo, coincidindo coa conmemoración do 120 aniversario do seu nacemento e os 100 anos dende que se publicou o seu primeiro e único libro en prosa "Impresiones y paisajes".

Comentarios
Lo más