Hoxe se constitúe o Claustro Universitario
No Salón de Actos da Facultade, a partir das 9:15 horas está prevista unha sesión extraordinaria na que se constituirá formalmente
O Claustro constituirase o vindeiro luns 15 na Facultade de Dereito en dúas sesións nas que se elixirán os membros da Mesa e da Comisión Electoral Central e, posteriormente, os das restantes comisións e representantes no Consello de Goberno.
No Salón de Actos da Facultade, a partir das 9:15 horas está prevista unha sesión extraordinaria na que se constituirá formalmente e se elixirán membros tanto para a Mesa do Claustro como para a Comisión Electoral Central.
Posteriormente, a partir das 11:15 horas, desenvolverase unha segunda sesión de carácter ordinario para a elección de representantes do Claustro no Consello de Goberno, así como das distintas comisión claustrais: de Titulacións e ordenación docente; de Investigación; de Asuntos económicos; de Actividades culturais; de Normalización lingüística; de Reclamacións; de Asesoramento e axuda ao Valedor; e de Desenvolvemento Estatutario.