miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Adxudicada a obra para instalación dunha rede pluvial en Revolta

Adxudicada a obra para instalación dunha rede pluvial en Revolta
Adxudicada a obra para instalación dunha rede pluvial en Revolta

O obxectivo fundamental que se persegue con esta actuación é diminuír o caudal que chega ata o bombeo e, con tal motivo, instalarase unha liña de pluviais

O Concello de Riveira informa da adxudicación dunha actuación dirixida á instalación dunha rede de pluviais no lugar da Revolta, na parroquia de Castiñeiras.

Actualmente, na estrada DP-7307 no lugar da Revolta non hai rede separativa de saneamento descorrendo augas fecais e pluviais por un único colector. Por esta razón, o caudal recibido na estación de bombeo existente no contorna supera en ocasións o previsto ao respecto.

O obxectivo fundamental que se persegue con esta actuación é diminuír o caudal que chega ata o bombeo e, con tal motivo, instalarase unha liña de pluviais que recolla as augas limpas da zona e as conduza directamente ao emisario existente. A rede estará formada por unha tubaxe SN8 de 400 milímetros de diámetro e 85 metros de lonxitude, ademais de 5 pozos de rexistro (instalados cada 85 metros aproximadamente) e 3 arquetas.

A obra foi adxudicada a Excavaciones Nima, S.L. Comporta un investimento de 10.446 euros e o seu prazo de execución é dun mes.

Comentarios
Lo más