CxG reúnese cos veciños de San Martín Pinario
06:30 14/10/18
06:30 14/10/18
Ao longo da xuntanza tamén se valoraron diversas propostas para frear o despoboamento do Casco Histórico
Compromiso e a directiva da asociación de veciños San Martín Pinario mantiveron unha xuntanza na que , entre outras cuestións os problemas de accesibilidade, rehabilitación e falta de servizos.
Ao longo da xuntanza tamén se valoraron diversas propostas para frear o despoboamento do Casco Histórico e conciliación dos residentes, turismo e hostelería.
Dende Compromiso valoran como positiva a xuntanza e ven moi necesaria unha revisión do Plan especial e adaptalo a realidade actual e piden unha mellor dotación de servizos para frear a perda de residentes e frear o deterioro do Casco Histórico que se está a converter nun parque temático.