miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

El TSXG confirma a sentenza sobre un intento de asasinato xulgado en Compostela

El TSXG confirma a sentenza sobre un intento de asasinato xulgado en Compostela
El TSXG confirma a sentenza sobre un intento de asasinato xulgado en Compostela

As lesións que o procesado lle causou ao denunciante, segundo a sentenza, teríanlle provocado a morte de non ser socorrido no edificio e trasladado inmediatamente ao hospital

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirmou a sentenza da Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, que condena a un procesado a nove anos de cárcere por tentar asasinar na porta da súa casa a un home co que estivera consumindo substancias estupefacientes. O afectado acudiu ao piso para reclamarlle unha suposta débeda.

O alto tribunal galego indica no fallo, contra o que cabe presentar recurso de casación ante o Supremo, que os argumentos esgrimidos pola defensa “de ningún xeito acreditan a afectación das facultades” do condenado, quen apuñalou á vítima. 

O TSXG descarta a posibilidade de que as lesións se causasen “no devir dunha liorta”, pois considera acreditado que o ataque foi repentino. Os maxistrados, ademais, destacan que a ferida foi “penetrante e non oscilante”, o que mostra “a ausencia de liorta, con acomodo axustado ao que a declaración de feitos probados contén”.

As lesións que o procesado lle causou ao denunciante, segundo a sentenza, teríanlle provocado a morte de non ser socorrido no edificio e trasladado inmediatamente ao hospital. Ademais, o tribunal sinala que durante a intervención cirúrxica a vítima tivo "unha relevante probabilidade de morrer". O condenado deberá abonarlle unha indemnización de 15.600 euros. 

Comentarios
Lo más