miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Comezan as obras para mellorar a accesibilidade ao faro de Corrubedo

Comezan as obras para mellorar a accesibilidade ao faro de Corrubedo
Comezan as obras para mellorar a accesibilidade ao faro de Corrubedo

A lonxitude afectada é de 1.046 metros liñais

O Concello de Riveira informa do inicio da actuación destinada a mellorar a accesibilidade ao faro de Corrubedo.

Operarios da empresa Excavaciones Abelleira comezaron cos traballos necesarios para este tenor. A obra comporta un investimento de 55.200 euros, IVE incluído, e conta cunha subvención do 65% do importe concedida pola Axencia de Turismo de Galicia.

Beirarrúa dereita

Segundo o proxecto técnico elaborado, actúase na marxe dereita da estrada (a máis cercana ao mar) dende Porto Alto ata o faro.

A tal efecto, os servizos municipais elaboraron un proxecto para ensanchar a beirarrúa existente dos 1,50 actuais ata 2,50 metros, ademais de substituír o pavimento actual, bastante deteriorado e invadido pola maleza, por un novo pavimento de formigón pulido.

A lonxitude afectada é de 1.046 metros liñais.

Comentarios
Lo más