Piden unha actuación para adencentar os tramos urbanos do Camiño de Santiago
A imaxe é impropia do final do Camiño e da cidade
A agrupación local de Compromiso pide que se actúe nas distintas entradas do Camiño de Santiago no Concello. A falta de sinaléctica, por actos vandálicos, ou a mala sinalización dos cruces fai complicado seguir os distintos camiños ata a Praza do Obradoiro.
O cambio de trazado dos Camiños Inglés e Portugués no último tramo crea confusión entre os peregrinos ao compartir a sinaléctica nova coa antiga ou mesmo a falla da mesma.
Dende a formación galeguista piden actualizar e repoñer a sinalización dos tramos que transcorren polo Concello, así como a mellora da seguridade vial para os peregrinos ao seu paso por San Lázaro, cunhas beirarrúas estragadas, e actualizar a sinalizacion do Camiño Ingles ao seu paso pola rua da Queimada, así como repoñer sinaléctica no Porto- Rocha Vella, tramo final do Camiño Portugués.