miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O grupo socialista reclama, a convocatoria do Consello Económico e Social para avaliar a situación das infraestruturas estratéxicas de Santiago

O grupo socialista reclama, a convocatoria do Consello Económico e Social para avaliar a situación das infraestruturas estratéxicas de Santiago
O grupo socialista reclama, a convocatoria do Consello Económico e Social para avaliar a situación das infraestruturas estratéxicas de Santiago

A non convocatoria do Consello Económico e Social é, para o edil socialista, un exemplo claro de que Compostela Aberta está a seguir a mesma folla de ruta do PP

O grupo municipal socialista, a través do seu voceiro, Paco Reyes, vén de reclamar a Compostela Aberta a convocatoria do Consello Económico e Social da cidade, que leva dende o mandato do Partido Popular sen desenvolverse. Para Reyes, isto evidencia que "CA está a levar a mesma folla de ruta que o PP", xa que está a abrazar os proxectos da agrupación conservadora e tampouco está a reunir a organismos de participación da cidade. O obxectivo desta reclamación, que os socialistas levan anos realizando, vén motivada agora despois de coñecer os investimentos que se van materializar nas intermodais de Vigo -139 millóns-. e Ourense -146-, fronte o que vai supor o que os socialistas denominan intercambiador: 41,68 millóns de euros.

Paco Reyes quixo facer unha reflexión sobre a situación na que se atopan os diferentes proxectos de intermodais en Galicia, a raíz das recentes informacións relativas á de Ourense. Como lembrou, na cidade das Burgas vaise executar unha adaptación do que foi o proxecto inicial de Norman Foster, cun investimento total de 146 millóns de euros, e en Vigo, con todos os custes, o gasto será de case 140 millóns. Fronte a isto, como destacou, está Santiago, "a que debería ser a estación de referencia do AVE para toda Galicia", que vai supoñer un desembolso de 41,68 millóns. "Non vai ser nin a metade de Ourense ou Vigo", dixo o concelleiro, que lembrou que o proxecto compostelán é unha "curtrez" do PP que foi abrazado "de forma cómplice" por Compostela Aberta.

"O que temos é un intercambiador", subliñou Reyes, que engadiu que esta palabra non a usa unicamente o grupo socialista, senón que tamén a empregan os propios técnicos municipais nos seus informes. A non convocatoria do Consello Económico e Social é, para o edil socialista, un exemplo claro de que Compostela Aberta está a seguir a mesma folla de ruta do PP, xa que non foi convocado nin nos catro anos de goberno popular nin nestes máis de tres de CA.Para Reyes, resulta de especial relevancia a celebración deste consello para avaliar as infraestruturas estratéxicas de Santiago. Por iso, unha vez máis o grupo socialista solicita dita convocatoria para plantexar a situación do intercambiador e comparalo con Ourense e Vigo. "Estamos a ver quen ten peso político en Galicia", dixo. 

Comentarios
Lo más