Situación de estabilidade atmosférica en Compostela
08:31 09/10/18
08:31 09/10/18
En Compostela a mínima chegará aos 10º e a máxima a 25º
O martes persiste a estabilidade debido a que continuamos con influencia do anticiclón centrado no leste de Europa.
Con isto, agárdase unha xornada de ceos pouco anubrados ou despexados en xeral, con posibilidade de formación de nubes de evolución durante a tarde nas montañas do sueste.
As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro aumento, mentres que as máximas non terán cambios significativos. En Compostela a mínima chegará aos 10º e a máxima a 25º.
Os ventos soprarán frouxos de dirección variable.