Comeza o ciclo "Voces rotas" na sede da Afundación
Todas as películas que conforman este ciclo profundan e dan visibilidade a diferentes problemáticas
Afundación, a Obra Social de ABANCA, dá comezo ao ciclo de cinema «Voces rotas» na súa sede de Santiago de Compostela (rúa do Vilar, 19) coa proxección, hoxe martes 9 de outubro, a partir das 20:00 horas, do filme Ida. A entrada é libre e gratuíta ata completar a capacidade.
Todas as películas que conforman este ciclo profundan e dan visibilidade a diferentes problemáticas, como o racismo, as guerras e o paro, e temas que afectan á sociedade na actualidade, como a inmigración, a relixión e a adopción.
Ida (2013), de Pawel Pawlikowski, ambientada en Polonia nos anos 60, relata a historia de Anna, unha rapaza orfa a punto facerse monxa, quen descobre un familiar, unha tía, que lle desvela a súa verdadeira identidade: o seu nome real é Ida Lebenstein, é xudía e a súa familia foi asasinada polo réxime nazi.
Este ciclo cinematográfico continuará na Sede Afundación de Santiago de Compostela continuará o vindeiro 16 de outubro coa proxección de Yo, Daniel Blake; o 23 de outubro con Mustang; e finalizará o 30 de outubro con Verano 1993.