miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Axencia Galega de Emerxencias colabora na extinción do lume declarado en Sabaxans, Mondariz

A Axencia Galega de Emerxencias colabora na extinción do lume declarado en Sabaxans, Mondariz
A Axencia Galega de Emerxencias colabora na extinción do lume declarado en Sabaxans, Mondariz

Por prevención e ante o temor de que o lume chegara ás vivendas, procedeuse ao desaloxo dos habitantes dunha das zonas de incendio das parroquias afectadas, por tratarse de persoas de avanzada idade

Un vehículo de apoio e unha nodriza do Grupo Loxístico da Axencia Galega de Emerxencias participaron na extinción do lume declarado onte en Sabaxáns, no municipio pontevedrés de Mondariz.

A esta hora, o incendio segue activo pero estable e contido dentro do seu perímetro. Pese a que, distintas parroquias estiveron en situación de risco, afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais e ningunha das vivendas foi arrasada polas chamas. Unicamente, por prevención e ante o temor de que o lume chegara ás vivendas, procedeuse ao desaloxo dos habitantes dunha das zonas de incendio das parroquias afectadas, por tratarse de persoas de avanzada idade.

Dende, ao redor das 18:00 horas da tarde pasada –hora na que se tivo constancia do lume- e durante toda a noite, ademais do dispositivo despregado por Medio Rural, Bombeiros de Baixo Miño, Ponteareas, Ribadumia, efectivos de Protección Civil da Mancomunidade Oitavén-Tea, Poio, Cangas, Mos , Redondela, Valga, Protección Civil, Ponteareas, axentes da Garda Civil, Policía Autonómica, 061, Cruz Vermella traballan arreo na extinción do lume.

Comentarios
Lo más