miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Adxudícase a renovación da pavimentación e saneamento no lugar de Martín

Adxudícase a renovación da pavimentación e saneamento no lugar de Martín
Adxudícase a renovación da pavimentación e saneamento no lugar de Martín

Co proxecto técnico elaborado polos servizos municipais preténdese mellorar un servizo de saneamento na zona que actualmente é deficitario

O Concello de Ribeira acaba de adxudicar provisionalmente unha actuación dirixida a renovar a pavimentación, saneamento e rede de pluviais no lugar de Martín.

A empresa que obtivo unha mellor clasificación foi Construcciones Anspal, S.L. A actuación comporta un investimento de 56.870 euros, IVE incluído, e ten un prazo de execución de catro meses.

Co proxecto técnico elaborado polos servizos municipais preténdese mellorar un servizo de saneamento na zona que actualmente é deficitario e rexistra avarías frecuentes, así como repoñer un pavimento bastante deteriorado.

Por outra parte, a zona carece de rede de pluviais e para a recollida da auga de chuvia instalaranse tres colectores de PVC corrugado de 250 milímetros de diámetro con lonxitudes de 95, 32 e 50 metros ata sumar un total de 177, ademais de 9 arquetas sumidoiro, 7 pozos de rexistro e 9 acometidas domiciliarias. As canalizacións entroncarán coa rede municipal existente.

En canto ao saneamento, vanse colocar tres tubaxes de PVC compacto de 250 milímetros de diámetro con lonxitudes de 95, 41 e 45 metros (total, 181 metros), así como 8 pozos de rexistro e 9 acometidas. Tamén se conectarán á rede municipal.

Despois se pavimentará a zona de actuación (un total de 688 metros cadrados) con pavimento de formigón ao que se lle intercalarán franxas de adoquín de formigón.

Comentarios
Lo más