Situación de emerxencia nun incendio declarado en Mondariz
20:58 07/10/18
20:58 07/10/18
Este incendio comezou ás 18,17 h. e, segundo novas estimacións, afecta máis de 50 hectáreas
A Consellería do Medio Rural vén de declarar como medida preventiva a “Situación 2” no incendio forestal activo arestora no concello pontevedrés de Mondariz, parroquia de Sabaxáns. Esta situación operativa de emerxencia declárase por proximidade do lume ao núcleo de Barro, na parroquia de Gargamala.
Este incendio comezou ás 18,17 h. e, segundo novas estimacións, afecta máis de 50 hectáreas. No seu control traballan 1 técnico, 2 axentes, 14 brigadas, 6 motobombas, 3 pas, 1 tractor e 10 helicópteros.