Adxudicado o reforzo do firme da estrada da Gándara en Oleiros
O prazo de execución da obra é de dous meses
O Concello de Ribeira informa de que foi adxudicada con carácter provisional unha actuación dirixida ao reforzo do firme da estrada da Gándara na parroquia de Oleiros.
A empresa que obtivo unha mellor clasificación entre as 15 ofertas presentadas foi Nemesio Ordóñez, S.A.. O importe da obra ascende a 37.090 euros, IVE incluído e conta cunha subvención da Consellería de Medio Rural no marco do Plan de mellora de camiños municipais 2018-2019.
O tramo do vial en cuestión presenta un firme en aglomerado asfáltico bastante deteriorado, cun ancho de rodadura variable.
O obxectivo fundamental que se persegue reside en reforzar o firme ao tempo que ampliar nalgúns tramos o ancho da calzada e para tal fin se aplicará unha nova capa de aglomerado asfáltico en quente.
Pluviais
Previamente, procederase á construción dunha rede de drenaxe de pluviais con tubo central de PVC corrugado de 315 milímetros de diámetro e imbornales nos laterais da calzada conectados a este tubo central.
O prazo de execución da obra é de dous meses.