miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Carmen Pomar participou nunha xornada sobre Educación Infantil organizado pola Fundación Barrié

Carmen Pomar participou nunha xornada sobre Educación Infantil organizado pola Fundación Barrié
Carmen Pomar participou nunha xornada sobre Educación Infantil organizado pola Fundación Barrié

A conselleira e mailo presidente da Fundación Barrié, José María Arias Mosquera, foron os encargados de inaugurar este encontro

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou esta mañá na quinta xornada de Educación Infantil que, baixo o título “creando e criando espazos de creatividade nas aulas” organiza a Fundación Barrié.


A conselleira e mailo presidente da Fundación Barrié, José María Arias Mosquera, foron os encargados de inaugurar este encontro que ten como obxectivo analizar e afondar sobre a creatividade no eido da educación infantil a través de distintos escenarios educativos.


Durante toda a xornada, un grupo de profesionais do ámbito da docencia e da psicoloxía, entre outros, afondaron en aspectos como a creatividade participativa, as artes na infancia, a filosofía ou a cultura audiovisual.

Comentarios
Lo más