miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Activos tres incendios na provincia de Ourense

Activos tres incendios na provincia de Ourense
Activos tres incendios na provincia de Ourense

Activo un lume no concello ourensán de Verín, parroquia de Ábedes, que afecta unhas 20 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19:30 horas de onte.

ACTIVO Verín

Activo desde as 17:11 horas un lume no concello de Verín, parroquia de Ábedes, que segundo as primeiras estimacións afecta unhas 20 hectáreas. Na súa extinción están traballando 4 axentes, 9 brigadas, 5 motobombas, 1 pa, 4 helicópteros e 2 avións.

ESTABILIZADO Muíños

Quedou estabilizado ás 19:26 horas o incendio no concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, que afecta o parque natural do Xurés. O lume comezou onte ás 22,05 h. e afecta arredor de 18 hectáreas. Levan traballado neste lume 7 axentes, 21 brigadas, 6 motobombas, 1 pa, 6 helicópteros e 3 avións.

CONTROLADO Nogueira de Ramuín

Controlado ás 19:18 horas o lume no concello ourensán de Nogueira de Ramuín, parroquia de Santo Estevo de Ribas de Sil, que comezou onte ás 21,10 h en tres puntos distintos. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie dunhas 150 hectáreas. Na súa extinción levan traballado 2 técnicos, 8 axentes, 33 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 1 avión.

Comentarios
Lo más