miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

En Marea propón un novo plan de transporte para Touro

En Marea propón un novo plan de transporte para Touro
En Marea propón un novo plan de transporte para Touro

O grupo local de En Marea, traballando coa veciñanza de Touro, elaboraron unha proposta que xa remitiron á consellería

Para o vindeiro ano 2019 mudará o plan de transporte metropolitano de Galicia. Con este motivo, nace unha oportunidade de mellorar os plans de transporte dos distintos concellos, xa que se lle dá a oportunidade de presentar propostas nesta materia ante a consellería de infraestruturas e mobilidade.

O grupo local de En Marea, traballando coa veciñanza de Touro, elaboraron unha proposta que xa remitiron á consellería, e pensan que sería moi válida para mellorar a mobilidade en Touro, tanto para desprazarse de Touro a Santiago como na mobilidade interna por todo o concello.

No proxecto inclúense 3 liñas de bus, que conectarían todas as parroquias do concello, entre sí, con Fonte Díaz, e con Santiago de Compostela, ben en viaxe directa, ben mediante transbordo dun bus a outro.

Co deseño destas rutas se melloran as carencias do actual sistema de transporte, co que maior parte da poboación non dispón de autobús de ida/volta para ir a Touro e a Santiago todos os días, os horarios actuais imposibilitan usar o transporte para ir o médico, estudar ou traballar.

Pola contra, coa proposta da formación local de En Marea conseguen que todas as parroquias dispoñan dun autobús diario en dous frecuencias diarias de ida/volta para ir a Santiago e Touro, acurtando os tempos dos traxectos notablemente. Tamén adaptan os horarios ás necesidades da xente, dándolle prioridade ós servizos de autobús a primeira hora da mañán para os diferentes servizos e retrasando o último bus dende Santiago para que permita volver de traballar ou estudar.

RUTA 1: Beseño – Turces – Merés – Circes –Calvos - Cornado - Andeade - Quión - Ventín - Touro - Loxo - Os Torreis de Abaixo - A Xesteira – Tarrío - Santiago de Compostela.

RUTA 2: Novefontes – Fao - Fonte Díaz – Loxo - Cimadevila e Fontes Rosas – Prevediños – Vilar - Santiago de Compostela.

RUTA 3: Ribeira – Obra – Foxás - Coto de Millán - Vilar (Neste punto haberá a opción de facer transbordo de xeito que a xente que se dirixa a Santiago debe cambiar de bus e integrarse no BUS 2, se por contra, os usuarios se dirixen a Fonte Díaz, continuarán neste BUS 3.) – Prevediños – Bama – Enquerentes – Loxo - Fonte Díaz.

Comentarios
Lo más