miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Adxudicadas as obras do aparcamento disuasorio da Sionlla

Adxudicadas as obras do aparcamento disuasorio da Sionlla
Adxudicadas as obras do aparcamento disuasorio da Sionlla

As obras do aparcamento da Sionlla xa foran adxudicadas hai xusto un ano, pero a empresa contratada renunciou finalmente a executala

A Xunta de Goberno adxudicou onte as obras do aparcamento provisional disuasorio da Sionlla. A actuación correrá a cargo da empresa Eulogio Viñal, e suporá un investimento dalgo máis de 350.000 euros, achegados de fondos privados

As obras do aparcamento da Sionlla xa foran adxudicadas hai xusto un ano, pero a empresa contratada renunciou finalmente a executala. As súas alegacións, que se baseaban en que a marxe de beneficios dos traballos era escasa, foron rexeitadas polo Goberno Local. 

O caso chegou ao Consello Consultivo de Galicia, que ven de emitir un informe para autorizar que o Concello continuara coa nova licitación do proxecto. O estacionamento terá máis de 230 prazas, e contará a maiores cunha zona para depósito municipal de vehículos cunha superficie de 3.000 metros cadrados.

Contrato de mantemento

Onte tamén quedou adxudicado definitivamente o contrato da campaña complementaria de conservación, mantemento e reparación de pavimentos nos viarios municipais, excluído o recinto intramuros. Nos traballos investiranse 121.000 euros, e correrán a cargo de Oviga. 

O alcalde lembrou que "este é o contrato temporal, que permitirá continuar cos traballos de mantemento ata que se resolva a licitación que está en marcha". Esta adxudicación súmase á aprobada na Xunta de Goberno da semana pasada, dun contrato complementario para os traballos de roza, ao que tamén se destinarán 121.000 euros.

Convenios

Noutra orde de cousas, a Xunta de Goberno aprobou a sinatura dun convenio de colaboración entre o Concello e Ecoembes, para a mellora da recollida selectiva de envases lixeiros. En virtude do acordo, a empresa entregará novos contedores amarelos, por un importe total de case 11.500 euros. 

Tamén se aprobou a firma dun acordo con Hostelería Compostela, enmarcado no programa europeo Atlantic Social Lab e que ten como obxectivo que os establecementos de hostalería colaboren na promoción do proceso dos Orzamentos Participativos Compostela Decide. 

Comentarios
Lo más