O vindeiro sábado 6 de outubro, permanecerá cortada ao tráfico a rúa de Montero Ríos
Por mor das obras tamén quedará pechada á circulación a rúa de Vista Alegre, no tramo comprendido entre o cruce coa rúa Castelao e a rotonda do Avío
Con montivo da montaxe dun guindastre para unha obra particular, o vindeiro sábado 6 de outubro, entre as 8:00 e as 16:00 horas, permanecerá cortada ao tráfico a rúa de Montero Ríos no tramo comprendido entre Xeneral Pardiñas e Doutor Teixeiro.
Por mor das obras tamén quedará pechada á circulación a rúa de Vista Alegre, no tramo comprendido entre o cruce coa rúa Castelao e a rotonda do Avío, agás para o transporte urbano, que seguirá coas rutas habituais. O resto do tráfico deberá desviarse pola avenida de Castelao e a rúa Ulpiano Villanueva para salvar este treito en obras. O peche terá lugar o sábado e poderá estenderse ao domingo, en función da duración dos traballos.