miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Unha persoa resulta ferida nun accidente con tres vehículos implicados en Mos

Unha persoa resulta ferida nun accidente con tres vehículos implicados en Mos
Unha persoa resulta ferida nun accidente con tres vehículos implicados en Mos

Foi un dos condutores implicados no sinistro quen se puxo en contacto co 112 Galicia para dar conta do sucedido

Pasadas as oito desta mañá, rexistrouse un accidente con tres vehículos implicados na A-55, ao paso polo concello de Mos. Como consecuencia do impacto, unha persoa resultou ferida e foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Foi un dos condutores implicados no sinistro quen se puxo en contacto co 112 Galicia para dar conta do sucedido. Deseguido, informouse ao servizo local de emerxencias, 061-Urxencias Sanitarias e tamén aos axentes da Garda Civil de Tráfico debido á retención de vehículos na zona. 

Comentarios
Lo más