miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Máis de 700 niños de velutina foron retirados en Compostela dende xaneiro ata setembro

Máis de 700 niños de velutina foron retirados en Compostela dende xaneiro ata setembro
Máis de 700 niños de velutina foron retirados en Compostela dende xaneiro ata setembro

O ano 2017 pechárase con 971 niños de velutina retirados, fronte aos 163 de 2016 e os tres niños de velutina retirados en 2015

Os Bombeiros de Santiago retiraron 710 niños de velutina entre xaneiro e setembro, 35 máis que no mesmo período de 2017. A actividade concentrouse nos meses de verán, con 591 niños retirados nos meses de xullo, agosto e setembro.

Os Bombeiros retiraron 131 niños de velutina en xullo, dos que 71 foron en zona urbana e 60 en zona rural; 239 niños en agosto, 132 en ámbito urbano e 107 no rural; e 221 niños en setembro, dos que 110 estaban en zona urbana e 111 no rural. O ano pasado, os bombeiros retiraran 203 niños en xullo, 150 en agosto e 123 en setembro.

O ano 2017 pechárase con 971 niños de velutina retirados, fronte aos 163 de 2016 e os tres niños de velutina retirados en 2015.

A velutina é unha avespa de orixe asiática, que apareceu por primeira vez en España no ano 2010, en concreto en Navarra. Dende aí, a súa presenza foise estendendo por toda a cornixa cantábrica. Para a poboación humana non supón máis perigo que a avespa autóctona, pero si ocasiona graves danos pola súa capacidade depredadora cara a outros insectos autóctonos, fundamentalmente as colonias de abellas. A súa presenza tamén supón importantes prexuízos para as producións froitícolas. 

Comentarios
Lo más