Encontro cordial entre a Policía Local e o Colexio de Avogados de Santiago
Na reunión falouse da necesidade de definir un protocolo de actuación nos casos de asistencia ao detido, así como da posibilidade de que os abogados teñan acceso ás copias dos atestados de accidentes de tráfico
A xunta de goberno do Colexio de Avogados de Santiago realizou este xoves unha visita ás instalacións da Policía Local, onde ademais mantivo unha reunión de traballo cos seus responsables.
No encontro, falouse da necesidade de definir un protocolo de actuación nos casos de asistencia ao detido, así como da posibilidade de que os abogados teñan un acceso a través de Internet ás copias dos atestados de accidentes de tráfico.
A reunión transcurriu nun ambiente de gran cordialidade entre dous colectivos que manteñen moi boa relación e colaboran de maneira estreita dende hai anos.
O decano do colexio de avogados de Santiago, Francisco Rabuñal, asegura que "tanto a Polícia Local como a abogacía temos o obxectivo común de estar ao servizo da cidadanía, reunións como esta son moi útiles para mellorar o noso traballo".