Rubén Cela califica o encontro entre Feijoo e Ábalos como pouco ventaxoso para os intereses de Compostela
O concelleiro do BNG acusa a Feijóo de "non saber reclamar obras de vital importancia para Compostela, cando as cifras de accidentes son demoledoras" no seu encontro co ministro de Fomento
O concelleiro do BNG , Rubén Cela, calificou como "reducido de contido para a capital do país" o encontro do presidente da Xunta co novo ministro de Fomento, "pois esqueceron temas importantes para Compostela" como a mellora do trazado da N-550 e N-525 para incrementar a seguranza viaria no Eixo e na Sionlla, as obras de humanización do paso inferior de Conxo, o plan de usos da vella terminal de Lavacolla para convertela nun espazo de uso público, a estación de mercadorías da Sionlla, a cesióne mantemento do antigo campo de tiro de Bando ou a eliminaciñon da claúsula de viaxeiros e viaxeiras do convenio para a estación intermodal.
Cuestionou tamén o feito de, estando o ministro en Santiago de Compostela, ignorase na súa axenda un encontro co alcalda da capital de Galiza, en detrimento da escolla doutra cidade por afinidade política.
Deste xeito, sinalou que "Feijóo está anquilosado porque non soubo aproveitar a oportunidade perante o Ministro de Fomento para situar prioridades na axenda política e reclamarlle cuestións de vital importancia para Compostela como a seguranza viaria na N-550 e na N-525, cando as cifras de accidentes son demoledoras".
Lembrou tamén que o ministro de Fomento, Luis Ábalos, ten enriba da mesa o acordo plenario de febreiro de 2017, impulsado polo BNG, para converter a vella terminal de lavacolla nun espazo de uso público. Así como as obras de humanización e seguranza viaria pendentes da rotonda de Conxo, que estaban comprometidas por Fomento e non se incluíron nos Orzamentos Xerais do Estado.