miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Económicas acolle unha xornada sobre fórmulas de financiamento na economía social

Económicas acolle unha xornada sobre fórmulas de financiamento na economía social
Económicas acolle unha xornada sobre fórmulas de financiamento na economía social

O encontro comezará ás 9.00 horas na Aula B da Facultade

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e a Rede Eusumo organizan para este venres 5 unha xornada na que se analizarán diversas fórmulas de financiamento na economía social.

O encontro comezará ás 9.00 horas na Aula B da Facultade cunha explicación sobre o concepto de economía social a cargo de Alexandre Pereira Pérez, técnico da Rede Eusumo. 

A continuación terá lugar unha mesa redonda sobre finanzas éticas e solidarias na que, moderada pola profesora da USC Loreto Fernández, participarán o coordinador territorial de Fiare Banca ética, Gonzalo Gesto; a presidenta de AIS O Peto, Montse Rodríguez; e Ramón Carmelo, da Secretaría Técnica de Coop 57.

Comentarios
Lo más