A Aula da Natureza de Ames ten programadas para este outono tres saídas micolóxicas
A actividade ten un número limiado de prazas, polo que é necesario inscribirse antes das 14.00 horas do venres día 5 de outubro
O Concello de Ames, a través da Aula da Natureza, ten programadas tres saídas micolóxicas para os meses de outro e novembro, dirixidas por Sira López, co obxectivo de achegar o mundo dos cogomelos á veciñanza amesá. Nestas xornadas guiarase aos participantes no recoñecemento e identificación de cogomelos. A actividade consistirá en tres saídas que se realizarán os sábados 6 e 21 de outubro, e 10 de novembro, en horario de 10.30 a 18.30 horas.
Durante a saída farase unha parada nalgún merendeiro próximo para que os participantes poidan recargar forzas coa comida caseira. A ruta que se seguira cada un dos días será elexida pola monitora e o responsable municipal da Aula da Natureza, en base as condicións meteorolóxicas dos días previos as saídas, así como á diversidade de especies presentes na zona. Nestas saídas tamén poden participar menores, sempre que vaian acompañados por un adulto.
Esta actividade conta cun número limitado de prazas polo que é necesario inscribirse antes das 14.00 horas do venres, 5 de outubro, enviando o impreso de inscrición, ao enderezo de correo electrónico: auladanatureza@concellodeames.gal. Para obter máis información pódese chamar ao número de teléfono 660 00 46 65, en horario de 9:00 a 14:00.