Ferida unha muller tras ceder o piso da súa vivenda
O accidente produciuse pouco antes das nove da noite de onte nunha casa situada no Lugar de Campelo, no Corgo
Unha muller resultou ferida de gravidade tras ceder o piso da súa vivenda e caer á planta inferior.
Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o accidente produciuse pouco antes das nove da noite de onte nunha casa situada no Lugar de Campelo, no Corgo.
Debido ás dificultades para acceder á muller, que estaba entre o entullo, o 112 Galicia informou aos Bombeiros de Sarria para colaborar cos profesionais sanitarios na asistencia á ferida.
Sen embargo, o equipo do 061-Urxencias Sanitarias foi quen de chegar ata ela e iniciar o seu traslado urxente dadas as lesións de carácter grave que presentaba.
Ademais, contaron coa axuda dos axentes da Garda Civil.