Continúa o sol en Compostela e cunha subida das temperaturas
09:02 03/10/18
09:02 03/10/18
En Compostela a temperatura mínima acadará os 14º e a máxima ata os 28º
O anticiclón localizado ao norte da península Ibérica continuará bloqueando durante esta xornada a chegada de influencias atlánticas.
Isto fará que novamente vivamos unha xornada de estabilidade, con ceos pouco anubrados ou despexados.
As temperaturas ascenderán, polo que acadaremos valores elevados para esta época do ano durante a tarde. En Compostela a temperatura mínima acadará os 14º e a máxima ata os 28º.
Os ventos soprarán frouxos de compoñente leste, con intervalos de moderado no litoral norte.