miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Comezan as obras dun acceso peonil ao parque Punta do Castro

Comezan as obras dun acceso peonil ao parque Punta do Castro
Comezan as obras dun acceso peonil ao parque Punta do Castro

O prazo de duración das obras é dun mes

O Concello de Ribeira informa de que onte comezaron as obras para dotar dun acceso peonil ao parque de Punta do Castro dende o porto de Castiñeiras.

Operarios da empresa Tarrío y Suárez SL iniciaron hoxe estes traballos, conducentes a mellorar a accesibilidade e a seguridade viaria na zona a través dunha senda de 85 metros de lonxitude formada por unha estrutura de madeira no tramo portuario e unha beirarrúa de formigón na entrada ao parque.

O prazo de duración das obras é dun mes e comporta un investimento de 22.607 euros.


Comentarios
Lo más