Sigue a polémica pola xestión dos centros socioculturais da cidade
Antón lembrou que, na documentación entregada a CA no traspaso de poderes, xa se anunciaba que o contrato do servizo de dinamización cultural nos CSC remataba en marzo de 2016 e que era imprescindible abordar unha nova licitación
A concelleira do Grupo Municipal Popular, María Antón, denunciou onte a “nefasta xestión” que está a levar o Goberno de Compostela Aberta da rede Centros Socioculturais en Santiago, proba disto é que o alcalde Martiño Noriega “xa reprobou por dúas veces aos seus concelleiros, Branca Novo e Concha Fernández, neste eido”.
Antón Vilasánchez remarcou que está moi claro que “non existe un proxecto para os centros socioculturais, pero o máis sorprendente é que o alcalde diga agora que se vai poñer ao fronte desta cuestión, desautorizando así á concelleira Concha Fernández”.
A Pesar dos avisos, o Goberno de Martiño Noriega seguiu fiel a súa maneira de traballar, é dicir, “a non facer nada e a votarlle a culpa aos demais, eludindo calquera tipo de responsabilidade como si el no fora o alcalde”. Como resultado das políticas Noriega, CA estivo máis dun ano prestando este servizo en precario nestes centros; non variou en nada o “modus operandi” da empresa máis aló de suprimir actividades como as que se realizaban en colaboración coa concellería responsable de relacións veciñais.
Todo parece indicar que como vén converténdose xa nunha constante no Goberno de Martiño Noriega o lema está a ser “non se lee o que se firma”, porque esa sería á única conclusión que o Grupo Municipal do goberno Popular pode sacar en claro, posto que todo isto se aproba na Xunta de Goberno Local (XGL) que preside o alcalde.
María Antón explicou que nada disto é novo, xa foron varias as veces as que os distintos grupos da oposición denunciaron esta situación nos distintos plenos, particularmente desde marzo de 2016. Antón lembrou que, na documentación entregada a CA no traspaso de poderes, xa se lle anunciaba que o contrato do servizo de dinamización cultural nos CSC remataba o 14 de marzo de 2016 e que era imprescindible abordar unha nova licitación.
A nova licitación, aclarou a voceira Popular, era “unha oportunidade para reestruturar o servizo, tanto desde o punto de vista funcional como do persoal, xa que durante a prestación do servizo, o Concello tivo que acatar diferentes sentencias que poñían fin ás reclamacións do persoal realizadas nos anos 2007, 2008 e 2009 e que condenaban ao Concello a admitir como persoal laboral indefinido non fixo ata 9 persoas”.
A concelleira do Grupo Municipal Popular, engadiu que, desde xuño 2016 a maio 2018, o goberno de CA mantivo a relación coa empresa do mesmo xeito que se viña facendo, pese ás criticas do propio alcalde que chegou a mandar á fiscalía este asunto e fixo abrir un expediente de investigación contra un membro do persoal municipal, a isto hai que engadir que a Fiscalía no abriu dilixencias e o expediente pechouse sen responsabilidade.
Con todo isto, a responsable de centros Novo Rei foi incapaz de acometer unha mínima reflexión sobre a prestación do servizo e non se reuniu, nin unha soa vez, cos responsables dos CSC, nin co colectivo de traballadores municipais.
A seguinte responsable, Concha Fernández, tampouco amosou interese polos Centros Socioculturais, tardando máis dun ano en afrontar o novo servizo de dinamización sociocultural e no momento no que o fai, aproba un prego ineficaz por numerosas cuestións.
“O resultado de todo isto é que os que viñan facer unha nova política, para devolver todo ao servizo público, licitan cuestións que deberían quedar na esfera municipal”, como os protocolos de normas de uso xeral e os de cesión de espazos, entre outros.
Pregos para non subrogar ao persoal
Non obstante, o máis grave é que Compostela Aberta aproba uns pregos que permiten que a empresa poda non subrogar ao persoal, posto que poden modificar o organigrama de persoal. Así mesmo, no perfil do contratante aparece que non hai procedementos xudiciais abertos con respecto ao persoal, pero “non é certo porque a lo menos 3 persoas teñen interposta unha demanda contra o concello”.
Neste eido son moitas as dúbidas que aparecen, de feito o Comité de Empresa manifestou a súa preocupación por este asunto xa no mes de xuño de 2017, tendo contactos con todos os grupos e, por suposto co Goberno de Martiño Noriega, pero as súas reclamacións non foron oídas.
Antón lembrou que as eivas con respecto ao persoal eran coñecidas polo alcalde, porque a representación sindical reuniuse co xefe de gabinete, o meso que foi á xuntanza de Conxo, así mesmo hai que subliñar que Compostela Aberta aprobou unha oferta para a dinamización dos CSC que xa dicía que ía a despedir a 3 traballadores que, finalmente foron 7.
Pero non só os asuntos relacionados co persoal chaman a atención, os aspectos económicos son máis que destacables, xa que o servizo resulta máis caro e cubre menos horas.
Todo isto, remarcou María Antón conleva a que os centros socioculturais foron deteriorando a súa relación coa cidadanía, co tecido asociativo, porque hai un desleixo total do grupo de goberno de Compostela Aberta, que se caracteriza por ser “un goberno de clientelismo e amiguismo, que se aparta desa esfera non lle interesa”.
Cabe subliñar que o que está a pasar no Centro Sociocultural de Conxo pasa en todos os Centros, carecen de programación, os usuarios non teñen información nin coordinación, como pasou no campamento de verán do Castiñeiriño; no caso de Santa Marta, as actividades están hipotecadas para os veciños, pola ocupación que do centro realizan as estadías artísticas; en Visa Alegre, a asociación xa non recibe actividades, porque o local sociocultural pasou ao centro do Romaño, pero este centro non lle dan espazo á asociación; e en Vite, estiveron cun horario irregular por falta de persoal, entre outras moitas situacións.
Pero, tamén é elocuente a diferenza de trato que realiza o goberno de Compostela Aberta entre os veciños, aclarou a voceira Popular, por exemplo, dixo, “hai dous locais que os veciños prestan á rede que teñen que pagar o IBI (Aríns e Casa Agraria), sen que CA lle dea unha solución reclamada, a lo menos, en 3 plenos, sen embargo, Compostela Aberta acepta un local dunha asociación da súa órbita como local sociocultural e financia a súa reforma para que cumpra coa normativa de seguridade ao tempo que hipoteca o alugueiro ata 2025.