O Estrela Vermelha comenza a tempada gañando o seu primeiro partido
09:03 01/10/18
09:03 01/10/18
Gañaron o partido contra o Dorna
Esta fin de semana deu inicio a tempada 2018/19 do fútbol gaélico galego coa disputa da primeira xornada do campionato ligueiro masculino no que este ano compiten 14 equipos (máximo histórico), o que dá mostra do crecemento deste deporte en Galicia.
Os actuais campións da Copa Galega, subcampións do Campionato Ibérico e equipo compostelán, o Estrela Vermelha, inician a súa andaina como segundo na clasificación, tras imporse claramente ao Dorna, cun resultado final de 13 (2-07) a 36 (5-21).