Baixada de temperaturas nun día soleado
08:06 01/10/18
08:06 01/10/18
En Compostela a mínima é de 12º e a máxima acadará os 22º.
Durante este día agárdase a continuación da influencia anticiclónica sobre Galicia, con intensificación da circulación do nordés e chegada de aire frío dende o norte.
Con esta situación, os ceos estarán pouco anubrados ou despexados, con algunhas nubes no extremo norte e néboas matinais no interior.
As temperaturas sufrirán un moderado descenso. En Compostela a mínima é de 12º e a máxima acadará os 22º.
Ventos do nordés, moderados, con intervalos fortes en Costa da Morte.